Brandada de bacallau ó forno

Ingredientes

  • 8 tostas de pan de pobo
  • 200 gramos de bacallau desalgado
  • Leite
  • 1 pataca
  • Pementa

Como son migas, remóllase o bacallau durante 24horas (todo dependendo de como se coma de salgado na casa) e na neveira

Escorremos o bacallau pola mañá, se se fai a mediodía, ou tempo equivalente se se cociña para a cea. Desmigamos un pouquiño máis

Poñemos moito aceite nunha tixola e a lume moi lento e “cocemos” o bacallau no aceite. Pasados uns 5 minutos estará listo o bacallau. Non ten que fritir. Unha versión máis lixeira é cocendo o bacallau en auga

Pelamos as patacas e cocémolas, escorremos e trituramos cun garfo

Mesturamos moi ben o bacalo desmigado coa pataca e engadimos un chorriño de leite. Imos engadindo pouco a pouco á mestura anterior unha cullerada de aceite e mesturamos, logo un pouco de leite e seguimos mesturando… e así ata que consigamos montar un crema ao noso gusto. Poñemos pementa

Tostamos o pan e colocamos a nosa brandada enriba. Metemos no forno a gratinar e listo