Caldo galego de mamá

Ingredientes

  • Touciño entrefebrado
  • Óso de soá (espinazo)
  • Rabechos de porco
  • 1 zanco de pito e/ou jarrete de tenreira
  • Un trocito de unto
  • 1 chourizo
  • Patacas
  • Fabas de caldo secas
  • Grelos ou repolo ou verdura galega…
Remollamos as fabas e desalamos a carne

A noite antes pomos a remollar as fabas e desalamos a carne salgada (touciño entrefebrado, soá, rabechos…), despois a raspamos un pouquiño para limpala ben e que o caldo quede limpo.

Cocemos os ingredientes

Cocemos toda a carne e as fabas xunto co anaco de unto (máis ou menos do tamaño dunha noz dependendo da cantidade de caldo), cando estea blandita sácase e se reserva (durante a cocción imos limpado o caldo da espuma que poida botar a carne).

Cortamos as patacas en trocitos e engadímolas. Despois a verdura, ben lavada  e cortada coas mans (mellor que co coitelo), retorcéndoa.

Cocemos ben todo, corriximos si necesita algo máis de sal da que deu a carne salgada e listo!

Si queremos un segundo prato delicioso cocemos algunha pataca máis para acompañar á carne que cocemos.

*Consello Ferreiro

As avoas da familia, sempre nos aconsellan que o caldo si é de grelos cozámolo sempre tapado, para evitar a acidez, e si é doutra verdura un pouquiño destapado.