castañas-gallegas-leche-

Castañas cocidas con leite

Ingredientes:

  • 1 kg de castañas
  • 1litro de leite
  • auga
  • 1 mangado de fiuncho (opcional)
  • azucre
  • canela ou chocolate rallado(opcional)
  • sal

Mondamos as castañas e deixámolas coa pel interior.

Cocémolas en auga con sal (se queremos fiuncho é o momento de engadilo). A media cocción, escórrense, retirámolas ata deixalas arrefriar un pouco e quitámoslles esa segunda pel.

Botámoslle enriba o leite do tempo e déixanse cocer ata que estean tenras (o tempo de cocido é parecido ao das patacas).

Servímolas nunha fonte, espolvoreadas con azucre. Segundo o voso gusto podedes engadir canela ou chocolate relado.

*Consello Ferreiro

Tres consellos importantes: non deixedes de ferver as castañas, pelar a segunda pel coas castañas quentes que é moito máis doado e non cozades as castañas demasiado porque o bo é que se manteñan enteiras.