grelos

Conservar grelos todo o ano

Os grelos, xunto co repolo e o coliflor, é dos produtos estrela das nosas hortas, baixo en graxas, rico en fibra e vitamina A, o único negativo é que é un produto de tempada (aínda que cos invernadoiros as nabizas, irmás pequenas dos grelos, as podemos conseguir frescas case todo o ano), agora imos darvos uns pequenos consellos e técnicas para conservalos na casa unha tempadiña. Comezamos

Requisito imprescindible: que o produto sexa fresco.

Conxelación.

Está técnica é a máis común, a máis doada e a que todo o mundo podemos facer na casa. Primeiro temos que escoller, lavar e cortar os grelos coma se fosemos a consumilos.

Despois disto, algunhas persoas simplemente escórrenos (cun centrifugador de verdura sería perfecto), e conxélanos directamente, ben estirados en bolsas de conxelación.

Aínda que nós pensamos que, para obter bos resultados debemos destruír as encimas, que son as responsables do ritmo de descoloración, perda de sabor e valor nutritivo destes. Isto conseguímolo completamente a temperaturas superiores a 80º, así que, recomendamos que despois de lavalos, poñamos nunha pota auga a ferver e os escaldemos durante un minuto. Despois escorrémolos e conxelámolos estirados nas súas bolsas.

Envasado ao baleiro.

É unha técnica moi utilizada en hostalaría, e que nos recomendaron os nosos clientes do gremio. A primeira fase na mesma que a anterior, escollemos, lavamos e escaldamos os grelos. O importante é, que á hora de facer o baleiro, deixemos espazo abondo na bolsa para que non desborde a auga sobrante.

Deshidratación.

Ao igual que a anterior, necesitamos unha deshidratadora, que podemos encontrar nunha ferraxaría especializada. O primeiro paso é igual que todos os anteriores, despois de escorrelos ben, procedemos ao deshidratado, que segundo a máquina se fai dunha ou outro xeito, todas elas moi doados. Para consumir os grelos deshidratados non fai falta hidratalos, basto con engadilos na auga fervendo.

Nós recomendamos a conxelación despois de escaldalos, é a máis sinxela e a que todos podemos facer na casa