filloas_leche
Produtos relacionados
Chocolate

Filloas de caldo de Marisé

Ingredientes

  • 2 osiños de espiñazo
  • 1 litro de auga aprox.
  • 400 gr de fariña (mellor fariña do país)
  • 8 ovos (mellor caseiros)
  • 2 cucharadas de manteiga derretida
  • un chisco de sal (probamos o caldo porque os osiños soltan sal)
  • touciño branco para untar a tixola

Cocemos os osiños de espiñazo no litro de auga, cando o líquido empeza a estar branco, deixamos repousar o caldo, cando arrefríe o desgrasamos.

Mesturamos todos os ingredientes

Mesturamos todos os ingredientes, co caldo preferiblemente a temperatura ambiente e a fariña tamizada para evitar os grumos

Podemos pasar a batidora á mestura para facela homogénea

Deixamos a mestura unha noite na neveira para que colla corpo.

Untamos a sartén co touciño

Ao día seguinte, quentamos unha tixola (que saibamos que non pega) ou unha filloeira, untándoa ben co touciño para que podamos darlle a volta facilmente

Dependendo do tamaño da tixola (procurade que sexa mediano), collemos o líquido que leva un cazo e ímolo vertendo aos poucos, movendo á súa vez a tixola para que cubra toda a superficie, en canto este dourada por unha banda, dámoslle a volta con coidado de non queimarnos nin de romper a filloa e o mesmo polo outro lado.