Licor de amorodo da casa

Ingredientes

  • 1 kg de amorodos (preferiblemente do país que son máis saborosas) maduras
  • 1 litro de augardente
  • 2 paíños de canela
  • 250 gr de azucre

Lavamos os amorodos, quitámoslles os rabos e secamos coidadosamente.
Nun tarro con peche hermético botamos o azucre con un pouco de auga, pechamos e axitamos ata conseguir unha pasta fina.
Colocamos os amorodos (enteiros ou cortadas á metade) e os paíños de canela.
Cubrimos coa augardente.

A maceración ideal dura dous meses (aínda que nunca menos de10días) e nese tempo axítase o tarro ou remóvese a mestura cunha culler de madeira, un par de veces por semana.
Cando pasen uns días probamos o licor e rectificamos o azucre ao gusto.
É opcional pasar por un filtro de tea a maceración dos amorodos antes de consumir, espreméndoo ben.
Podemos gardalo no tarro ou colócase en botellas. 

*consello Ferreiro

Algunhas persoas aconsellan preparar un xarope disolvendo a lume lento o azucre coa auga e cocéndoo durante uns minutos.