Marmelada de kiwi de Gema

Ingredientes

  • 1 kg de kiwis do país maduros
  • 1/2 kg de azucre
  • zume de medio limón (para que non se oxide a froita)

Pelamos os kiwis e torámolos.
Nunha cunca mesturamos os kiwis co azucre e deixamos macerar a mestura, tapada na neveira toda a noite.
Cocemos a pouco lume uns 45minutos, removendo de cando en vez para que a mestura non se pegue nin se queime.
Se vemos que solta escuma (é normal) ímola retirando cunha culler. Se ao finalizar o tempo de cocción está moi liquida deixámola cocer destapada, ata que reduza, uns minutos máis.

*Consello

A marmelada ten un toque amargo pero doce ao mesmo tempo. Con estas cantidades saen un montón de botes, para conservalos pódense conxelar ou facer conservas.