Patacas recheas de “roupa vella”

Ingredientes

  • 1 kg de patacas de carballo de tamaño mediano-grande
  • lacón e chourizo cocido picados (roupa vella)
  • fariña
  • ovo para rebozar
  • 2 cebolas
  • viño branco
  • aceite
  • 1 sobre de azafrán puro

Pelamos e cortamos a cebola e sofrixímola. Cando estea pochada engadimos a carne picada e dourámola un pouco.
Pelamos as patacas e baleirámolas.
Enchemos as patacas coa carne e rebozámolas en fariña-ovo-fariña.
Nunha tixola fritimos un pouco as patacas, empezamos apoiándoas polo lado do burato para deixalo “selado”, ata que queden doraditas.
Nunha tartera preparamos o fondo de aceite e alí pochamos a outra cebola.
Colocamos as patacas, engadimos un vaso, metade auga e metade viño branco onde temos disolto o azafrán e vertémolo repartíndoo.
Deixamos rematar de cocer a pouco lume ata que as patacas estean feitas.

*Consello Ferreiro

A “roupa vella” son os restos, principalmente dun cocido, pero pódese utilizar con calquera prato como asados, guisos… etc…