pack_queimada

Queimada

Ingredientes: (calculados para 1litro de augardente)

  • 150gr de azucre
  • 1 litro de augardente
  • 1 0 2 limóns
  • grans de café
Nun recipiente de barro

Vértese a augardente e o azucre, na proporción de 150 gramos por cada litro de líquido. Engádense mondaduras de limón e os grans de café.

Remóvese e acéndeselle lume

Cun cazo no que previamente colocariamos un pouco de azucre con augardente. Moi amodo, achégase ao recipiente ata que o lume pase dun a outro. Remóvese ata que o azucre consúmase. 

Faise un almíbar

No mesmo cazo bótase novamente un pouco  máis de azucre, esta vez seco, e colocándoo sobre a queimada móvese até convertelo en almíbar. Vértese sobre as chamas e, removéndoo, espérase a que as chamas teñan unha cor azulado.

Continuar ata que se queime a case totalidade do alcol.

Déixase apagar e sérvese.