Tapa de orella

Ingredientes:

  • 2 orellas
  • 1 kg de grelos
  • 1 kg patacas (opcional)
  • aceite
  • pemento doce ou picante
  • cebola

Limpamos as orellas e desalgámolas entre 12 e 24 horas (segundo gusto), imos cocelas soas, o tempo suficiente para que queden blanditas. Torámolas e reservamos.
Limpamos e toramos os grelos e as patacas (opcional).
Os grelos cocémolos a parte coa cebola. Ademais engadiremos á cocción, a metade de auga de cocer a orella. Salgamos ao gusto. A media cocción engadimos as patacas (opcional).
Servimos os grelos, as orellas repartidas por enriba e aliñamos co aceite e pemento ao gusto.

*Consejo Ferreiro

Podemos engadir ao prato un chourizo que coceriamos cos grelos
É unha receita típica de “roupa vella” para aproveitar os restos do cocido como orellas, rabos e morros.