Tortas de bacallau de Asensio

Ingredientes:

  • 250 gr de migas de bacallau desalgados e esmiuzados
  • 150 gr de fariña de trigo e 150 gr de fariña de millo
  • 1 cebolleta picada
  •  sal
  • mangado de perexil
  • aceite.

É unha receita tan sinxela como saborosa. Perfecta como aperitivo.

Mesturamos os dous tipos de fariña nunha cunca, cun pouco de sal.

Engadimos a auga pouco a pouco e non deixamos de remover ata conseguir unha masa ligada. A continuación as migas de bacallau e deixamos repousar uns 30 minutos. Incorporamos abundante perexil e cebolleta picados.

Nunha tixola fonda poñemos a quentar dous dedos de aceite, cando este moi quente vertemos unha cullerada ampla da masa e dourámola polos dous lados. Deixámola escorrer en papel de cociña e… listo para servir!

*Consello Ferreiro

A ceboliña é un produto de tempada, cando non sexa o seu tempo podemos substituíla por porro ou cebola normal.