Bacallau con coliflor

Ingredientes (4persoas):

  • 4 anacos de bacallau
  • 1 coliflor
  • 2 kg de patacas
  • 2 cebolas medianas
  • miolo de pan
  • un chorriño de leite
  • 4 ovos caseiros
  • aceite, loureiro, sal, allo e pemento doce da Vera.

Cortamos a pataca en dados e a cebola picada
Botamos un pouco de auga ao fondo da cazola, colocamos a pataca e a cebola, engadimos sal ao gusto e loureiro e cubrimos con auga.
Cando a pataca estea a medio cocer, engadimos o bacallau. Aparte cocemos os ovos.
A coliflor ímola cocer a parte, en gallos, con auga que simplemente a cubra, sal, un chorro de aceite e un anaco de miolo de pan mollado en leite para que non ula tanto o coliflor e dea mellores dixestións.
Escorremos a auga da cazola do bacallau, deixando algo de auga ao fondo, e colocamos o coliflor enriba entre o bacallau e as patacas.
Facemos un rustrido, quentamos o aceite e douramos un pouco o allo, logo engadimos o pemento, tendo moito coidado de que non se queime. Ese refrito botámosllo á cazola por enriba do bacallau, as patacas e o coliflor, movéndoa para que chegue ao fondo e se mesture ben.