Bacallau con grelos de Damián

Ingredientes

  • 4 anacos de bacallau
  • 2 kg de grelos
  • 2 kg de patacas
  • 2 cebolas medianas
  • un chorriño de aceite, loureiro, sal, allo e pemento doce de la Vera

Pelamos a pataca, kennebec galega sería perfecta. Canto mais enteira mellor e a cebola

Botamos un pouco de auga ao fondo da cazola, colocamos a pataca e a cebola, engadimos sal ao gusto e loureiro e cubrimos con auga. Cando a pataca estea a medio cocer, engadimos o bacallau

Os grelos ímolos cocer a parte, con auga que simplemente os cubra, sal, un chorro de aceite

Escorremos a auga da cazola do bacallau, deixando un pouquiño de auga ao fondo para facer salsa. Tamén escorremos a auga dos grelos

Facemos un rustrido, quentamos o aceite e douramos un pouco o allo, logo engadimos o pemento, tendo moito coidado de que non se queime. Ese refrito botámosllelo á cazola por enriba do bacallau e as patacas, movéndoa para que chegue ao fondo e se mesture ben. E o mesmo en cos grelos.

A presentación do prato faise segundo o gusto de cada un, algúns mesturan na mesma cazola patacas, grelos e bacallau e outros presentámolos por separado