Biscoito de millo de Bego

Ingredientes:

  • 300 gr de azucre
  • 8 ovos caseiros
  • 200 gr de fariña de millo do país
  • 200 gr de fariña de trigo do país
  • 200 gr de manteiga
  • Ralladura de limón

Mesturamos e tamizamos as fariñas.

Separamos as xemas das claras e batemos éstas a punto de neve.

Mesturamos ben o azucre coa manteiga, podemos facelo cun batedor.

Incorporamos, primeiro as xemas e despois as claras a punto de neve, sen deixar de remover nunca e con coidado de que non se “baixen” estas últimas.

Imos quentando o forno a 200-225º

Agregamos as fariñas á mestura, pouco a pouco. Seguimos batendo ata que estea todo ben integrado e sen grumos.

Incorporamos a ralladura do limón.

Engraxamos o molde (o máis típico é que sexa en forma de coroa) e salpicamos cun pouquiño de fariña sobrante para evitar que se pegue.

Enfornamos durante aproximadamente 30 min, controlando que quede douradiño por arriba.

*consello Ferreiro

Pódese facer integramente con fariña de millo. Para comprobar se o biscoito esta listo podemos picalo cunha agulla de calcetar ou similar, o biscoito estará listo se a agulla sae limpa.