Cocido galego de mamá

Un dos pratos máis fáciles si a materia prima é boa e un dos meus favoritos, o mellor dos entroidos, aí déixovos a receita do cocido que facemos na nosa casa, que aproveite!!!

Ingredientes

  • Lacón, soá, rabos, orellas, morros, touciño, costela, chourizos,…e todos o que queiramos da carne salgada de porco jarrete ou saia sen óso de tenreira.
  • Pito (opcional)
  • Grelos ou repolo
  • Patacas
  • Garavanzos
  • Fideos para facer sopa
Desalgar o lacón e hidratar os garavanzos

Ponse a desalar o lacón 48 horas antes (cambiándolle a auga dúas veces ao día e na neveira ou nalgún lugar fresco da casa), o resto da carne o día antes. O desalado sempre dependerá de como esteamos afeitos salgar as comidas. Remollamos os garavanzos a noite anterior.

Limpamos a pel do porco

Despois de desalado e antes de cocer, rascamos cun coitelo ou outro instrumento a pel de todo o do porco e á orella dáselle un corte para limpala ben no interior, facemos isto para que nos quede un caldo sen sucidade.

Cocer o porco

Pomos a cocer o porco nunha ou dúas potas (Non o salgamos). O tempo de cocción depende da pota e de como estea troceada a carne, canto máis grandes sexan os anacos, sobre todo o lacón, máis tempo, pero calculamos aproximadamente unha hora. Utilizaremos o caldo de cocer para dar sustancia á sopa, ás patacas, á verdura… en definitiva o resto do cocido.

Cocer os garavanzos

Os garavanzos podémolos cocer xunto coa carne de porco (para iso necesitariamos unha bolsita de tea especial para non perdelos entre a carne) e non os salgamos, ou á parte con algún chourizo. É importante que os garavanzos non paren de ferver en ningún momento.

Cocer o xarrete e o polo

Jarrete e pito cocémolos, xunto cunha cebola, á parte para facer unha boa sopa con ese caldo (si encima a ese caldo engadímoslle algún cacito do caldo de cocer o porco, faise unha sopa impresionante). Engadimos os fideos e salgamos ao gusto

Cocer as patacas e a verdura

Cocemos as patacas nunha pota con auga e uns cazos do caldo de porco tamén, salgamos ao gusto. Límpase a verdura, cocémola nunha pota xunto con algún chourizo e algún cacito do caldo de porco.

*Consello Ferreiro

O caldo de cocer o porco é o comodín do cocido, dálle sabor ás patacas, fai unha sopa boísima e fai que a verdura quede suave e blandita… lembrade colalo antes de engadilo para evitar os posibles ósos.