Roscas de anís de Bego

Ingredientes:

  • 1ovo caseiro
  • 4 culleradas sopeiras de aceite
  • 4 culleradas sopeiras de leite frío
  • 2 culleradas sopeiras de anís
  • 6 culleradas sopeiras de azucre
  •  cullerada de fermento
  • 400 gr de fariña
  • 1litro de aceite para fritir
  • azucre glass (opcional)

Batemos o ovo nunha cunca.
Engádese o aceite, o leite e o anís, batemos para que quede ben mesturado.
Agrégase o azucre e o fermento.
Imos engadindo a fariña tamizada. As medidas de fariña son aproximadas, a que admita.
Formamos uns roliños dun dedo maimiño de grosor e facemos as rosquillas.
Quentamos o aceite e empezamos a fritir as rosquillas por quendas. Primeiro co aceite pouco quente e despois máis.
Cando se inflen, para que queden ben as cozan por dentro e as douren por fóra, sácanse, escorrémolas cun papel de cociña e adornamos con azucre glass (opcional) cando arrefríen.