Filloas de leite de mamá

Ingredientes

  • 1 litro de leite
  • 400 gr de fariña (mellor fariña do país)
  • 8 ovos (mellor caseiros)
  • 2 cucharadas de manteiga derretida
  • Un chisco de sal
  • Touciño branco para untar a tixola
  • Azucre ou unhas gotitas de anís (opcional)

Mesturamos todos os ingredientes, o leite preferiblemente a temperatura ambiente e a fariña tamizada para evitar os grumos

Podemos pasar a batidora á mestura para facela homogénea.

Deixamos a mestura unha noite na neveira para que colla corpo.

Untamos a sartén co touciño

Ao día seguinte, quentamos unha tixola (que saibamos que non pega) ou unha filloeira, untándoa ben co touciño para que podamos darlle a volta facilmente

Dependendo do tamaño da tixola (procurade que sexa mediano), collemos o líquido que leva un cazo e ímolo vertendo aos poucos, movendo á súa vez a tixola para que cubra toda a superficie, en canto este dourada por unha banda, dámoslle a volta con coidado de non queimarnos nin de romper a filloa e o mesmo polo outro lado.