Licor café de Josecho

Ingredientes

  • Garrafa de 7 litros
  • 5 Litros de augardente DE CALIDADE [ se é de Ferreiro mellor 🙂 ]
  • 1/2 kg de café en gran roto (picado non moído)
  • 2 kg de azucre
  • Pel de 1 laranxa grande cortada en anaquiños para coalo ben
  • 6 follas de Herba Luisa seca

Engadimos, axudándonos cun embude, todos os ingredientes na garrafa.

Tapámola envolvendo o tapón en papel de farrapo para facelo o máis hermético posible.

Ao tapalo, movemos a mestura moito, balanceando ou axitando, aínda que co peso que ten será máis doado o primeiro. Unha vez á semana, volvemos mover o recipiente, 24 veces cara a un lado e 24 veces cara ao outro. Repetímolo durante 2 meses e medio. (Isto chámase facer licor cafe por fusión ou en frío). Gardamos en lugar seco e escuro.

Vertemos a mestura nunha pota, coándoa cun coador metálico, despois baleirarémolo nas respectivas botellas utilizando un embude no cal axustaremos un filtro de tea para que quede ben tamizado.