Produtos relacionados
Petisco
Bagazo

Licor de cereixa

Licor sinxelo e moi saboroso con froita de tempada o único requisito indispensable é unha augardente de calidade e confianza

Ingredientes

  • 1/2 kg de cereixas
  • 250 gr de azucre
  • 1/2 litro de augardente
  • 1 vaso de auga

Lávanse e escorren as cereixas e despois de quitarlles os rabos tritúranse
A pasta resultante colócase tapada cunha gasa ou pano fino durante tres días para que fermente (nun lugar fresco, pero non no frigorífico)
Cando pasou este tempo, vertemos as cereixas trituradas e fermentadas nun tarro, se engade a augardente e se tapa hermeticamente, deixándoo en maceración durante 2 meses
Cando pasou este tempo, fíltrase o xugo e vértese nun tarro.
Co azucre e a auga preparamos un xarope, a lume lento deixándoo ferver durante uns minutos
Cando arrefriou agrégase ao tarro, tápase e déixase durante 2 meses, transcorridos os cales se pasa a botellas e xa se pode consumir.

*Consello Ferreiro

Este licor pódese facer tanto con cereixas coma  picotas, a que máis vos guste!