madalenas de Gema

Ingredientes

  • 3 ovos (medianos e mellor caseiros)
  • 250g. de fariña do país
  • 12g. de levadura
  • 250g. de azúcre
  • Reladura de un limón
  • 30ml. de zume de limón (dúas culleradas ben cheas)
  • 80g. de aceite de oliva virxen extra
  • 110gr. de leite evaporada

Mesturamos o azúcre e a reladura de limón, botamos os ovos e batemos coa batidora, a velocidade alta, durante uns 3-4 minutos. A mezcla tornarase dunha cor branquecina e doblará o seu volume.

Baixamos a velocidade e incorporamos o aceite, o zume e o leite evaporado a pouquiños para que a masa non perda volume. Por último, engadimos a fariña coa levadura tamizada á man, neste paso non usamos a batidora. O mellor é botala en tres partes, así evítase que queden grumos.

Enchémos ¾ partes papeliños ou moldes de silicona para magdalenas e deixamos reposar dentro do refrixerador uns 30 minutos.

Mentres, encemos o forno a 250°. Cando pase o tempo de repouso e o forno xa esté á temperatura indicada, botámos por riba das magdalenas azúcre e metémolas no forno. Baixamos a temperatura a 220° durante 10 minutos, pasados estes, baixámolo de novo a 200° durante uns 3-5 minutos (depende do forno). O tempo de cocción das magdalenas non debe pasar duns 15 minutos.

Transcurrido o tempo poñémolas a arrefriar sobre unha rexiña.

*Consello Ferreiro

O leite evaporado pódese sustituir por tona líquida para repostería, non a de cociña xa que ten menos porcentaxe graso.