Produtos relacionados
Crema de café
Crema de bagazo

Orellas doces de mamá

Ingredientes

  • 1/2 kg de fariña
  • 3 ou 4 ovos
  • 1 sobre de fermento
  • Raspadura de 1 limón
  • 1 chisco de sal
  • 100 grs de manteiga (o tradicional é que sexa manteiga cocida pero valen as dúas)
  • 2 cucharadas colmadas de azucre
  • 1 vaso de anís
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Aceite de oliva abundante
  • Azucre glass para adornar
Mestúranse e amasan ben os ingredientes

Vértese a fariña nun recipiente seco. Engádense os ovos batidos, a raspadura dun limón, azucre, sal e o fermento. Se amasa todo moi ben

De seguido, botase a manteiga derretida xa morna, o anís e o viño branco.

Continúase amasando ata que non se pegue a masa ao recipiente.

Deixamos reposar a masa

Quentamos un pouco o forno e metemos a masa dentro tapada cun pano.

Traballamos a masa

Enfariñamos a superficie onde imos estender as orellas, facemos pequenas boliñas de masa e ímolas traballando co rodete, finiñas pero evitando pasarse para que non rompan, a experiencia faranos facelas cada vez máis finas

Quentamos nunha tixola o aceite, o abundante para para que floten, botamos as orellas, encartándoas polo medio para facerlles a forma característica

Unha vez fritas e tépedas, adornamos co azucre glass tamizado.

*consello Ferreiro

O viño branco fai que nos queden moi crujientes!!!