Potaxe de Semana Santa de mamá

Ingredientes

  • Garavanzos (400 gr aprox.)
  • 2 cenorias medianas
  • 1 porro
  • 2 cebolas medianas
  • 2 tomates
  • aceite de oliva, sal e loureiro
  • 1 kg de patacas
  • 1 manoxo de espinacas
  • 1 kg de bacallau en anaquiños (tamén vale migas sen espiñas)
  • allo e pemento para o rustrido
  • ovos cocidos (opcional)
Remollamos os garavanzos

Poñemos os garavanzos a remollar a noite anterior. Cocémolos con cenoria, porro, cebola e tomate, todo cortado en anaquiños, un chorro de aceite, unha folla de loureiro e sal.

Cocemos ás verduras e o bacallau

Nunha tartera poñemos a cocer as patacas picadas como para un guiso, sal e cebola fileteada. Cando a pataca está a media cocción, engadimos as espinacas, os garavanzos e a verdura xa cocida, engadimos o líquido suficiente da súa cocción.

Por último agregamos o bacallau, cocíñase moi rápido, tede coidado en non o cocer demasiado, quedaríanos un pouco seco. Cando estea todo listo, escorrémoslle un pouco a auga do guiso e adornamos por enriba con ovos cocidos cortados a metade (opcional).

Facemos un rustrido

O último paso é facer un rustrido co aceite de oliva, o allo laminado e o pemento (ollo con non o queimar) e engadímosllo.

Deixamos repousar un anaco e listo!

*Consejo Ferreiro:

Os cominos dan un toque moi rico a estas potaxes, podemos utilizalos para comensais con dietas baixas en sodio, para non usar tanto sal e dar sabor á potaxe.