Produtos relacionados
Cestas regalo Ferreiro

Tortas de roxóns de mamá

Ingredientes

  • 1 litro de leite
  • 400 gr de fariña
  • 8 ovos
  • 2 culleradas de manteiga
  • Sal (ao gusto)
  • Un anaco de touciño gordo para untar a tixola
  • Roxóns desmigados
  • Azucre (opcional)

Batemos todos os ingredientes (leite, fariña, ovos, manteiga, sal) e deixámolo repousar, o ideal sería unha noite, na neveira.
Co anaco de touciño e cando a tixola ou filloeira estea quente, pasámolo de forma que engraxemos toda a superficie
Cun cazo collemos a cantidade de mestura necesaria para cubrir a superficie da tixola, deixamos que se doure, antes de darlle a volta á “torta”, espolvoreamos cos roxóns desmigados e despois dámoslle a volta, dourando polo lado que falta.
Unha vez que a torta estea feita, engadimos azucre ao gusto, sendo este último opcional.